Ir al contenido principal

Resumo T.6

 Tecnoloxías en Información e Comunicación.

Nos anos 70 aparecen os primeiros sistemas de información que empregan a información e as telecomunicacións de forma conxunta e coordinada. Podemos diferenciar entón dous sitemas:

  1. Sistema analóxico: é aquel no cal as magnitudes para tratar a información se represéntan mediante variables continuas.
  2. Sistema dixital: emplea magnitudes para tratar a información que se representan mediante variables discretas, só poden tomar uns valores fixos predeterminados en momentos discretos.
Podemos pasar de analóxico a dixital ou ao revés a través de diferentes mecanismos (tarxetas de son, cámaras de fotos...). 


O ordenador ou PC e os seus compoñentes


É unha máquina electrónica dixital  programable que executa unha serie de comandos para procesar os datos de entrada, obtendo convenientemente información que posteriormente se envía ás unidades de saída.


Pode dividirse en dous partes principais:
Hardware: parte física dun computador, inclúe o cableado e demais
compoñentes electrónicos.
Software: son as aplicacións e o sistema operativo que permiten a un
computador desenvolver tarefas.

Internet

É unha rede global de intercambio e comunicacións e datos.

Todos os computadores involucrados na internet pódense dividir en dúas categorías: servidores e navegadores.

Os servidores son onde se atopa a maioría da información dispoñible na internet. Trátase de computadores especializados que almacenan a información, compártea con outros servidores e pona ao dispor do público en xeral.

Os navegadores son o que a xente usa para acceder á World  Wide Web desde calquera computador estándar.

Redes sociais:



Algunhas das máis utilizadas en España son:

- Facebook. Unha das máis utilizadas en todo o mundo.

Naceu para facilitar o contacto entre estudantes

universitarios en  Harvard.

- Twitter. Cos 140 caracteres que permiten é empregada

para expresar opinións tras unha noticia. Xéranse

decenas de millóns de  tuits ( tweets) cada día.

- Instagram. Especializada en compartición de imaxes.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades T.1 Qué é a ciencia?

1. Define os seguintes conceptos:  a) Hipótese:  posible solución a unha pregunta cintífica. b) Mostra:  subconxunto ou parte do universo ou poboación na que se levará a cabo a investigación c) Modelo:  simulación da realidade d) Lei científica:  conxunto de ideas que sempre se cumplen. 2. Fai un esquema do método científico cos pasos correspondentes na súa orde correcta. 1. Observación : atender a un obxecto ou fenómeno para estudalos tal e como se presentan na realidade. 2. Formulación do problema :  ao explicar o observado xorde a necesidade do home de entender a súa contorna polo que antes de empezar debe reunirse toda a información posible relacionada co fenómeno. 3. Hipótese : resposta anticipada a un problema que xorde ao intentar explicar un fenómeno e que se debe comprobar con un experimento. 4. Experimentación : recrear o fenómeno e repetilo as variables que interveñen modifícanse dunha nunha e compróbase como inflúen nel. 5. Rexistro de datos : o...

Resumo T.3 - Orixe e evolución da vida

 3.1. Que é a vida? Os organismos vivos teñen unha composición química moi similar. Hai 90 elementos na natureza e só 20, aproximadamente, forman parte dos organismos vivos. O hidróxeno e o oxíxeno atópanse en forma de auga a maioría das veces. O corpo da maioría dos seres vivos está formado por unha grande porcentaxe de auga. Que os corpos conteñan tanta auga está relacionado con que as primeiras formas de vida se crearon nos medios acuáticos. A auga é unha substancia que ten unhas características singulares que a fan esencial para que exista vida.              Non hai ningunha outra substancia na Terra que poida substituir a auga nas súas propiedades. Pero, non se pode descartar a existencias doutras formas de vida inspirada noutros compostos, noutros lugares do universo. As condicións para considerar un organismo vivo son que realice as tres funcións vitais (nutrición, relación e reproducción). Os seres vivos necesitan materia e enerxía para de...

Actividades tema 5

  1) Dado o ADN de secuencia CATACTGGCTGGTACCAACTGAGC, escribe:  a) A secuencia do ARNm que se obtén.  GUA UGA CCG ACC AUG GUU GAC UCG b) A secuencia da cadea complementaria de ADN.  GTA TGA CC... c) A secuencia de aminoácidos da proteína que codifica.  Val-stop  d) Os anticodons dos ARNt que interveñen na síntese desta proteína.  CAU (anticodón 1) ACU (anticodón 2) e) Por que se dice que o código xenético é universal?  Porque todas as especies teñen o mesmo código xenético. f) Indica cantas copias idénticas deste fragmento de ADN obtemos si son amplificadas pola técnica PCR despois de: 10, 30 e 50 ciclos de replicación 2^10 // 2^30 //  2^50 g) En que son diferentes as moléculas de ADN de dúas persoas distintas?  Na secuencia de nucleótidos. h) Cómo é posible que os organismos humanos teñan mais de 100 tipos celulares si todas as células teñen a mesma información xenética?  Debido á diferenciación celular, dependendo da función da c...