Ir al contenido principal

Resumo T.5


O que diferencia a materia viva da inerte é a realización das tres funcións vitais, en especial a función de reproducción. É moi importante esta función de reproducción porque mediante ela os seres vivos transmiten unha copia do seu ADN aos seus descendentes.


LEIS DE MENDEL

A xenética mendeliana pode dividirse en tres leis (lei da uniformidade, lei da segregación e lei da independencia dos caracteres); esta refírese aos patróns de herdanza que son característicos dos organismos que se reproducen sexualmente. 
Para que exista evolución deben darse modificacións no ADN.
  

ADN

O ADN está formado por duas cadeas de polinucleótidos enrollados nunha dobre hélice. Pode manifestarse de dúas formas: en cromatina (substancia fundamental do núcleo celular que proporciona información xenética e conserva e transmite a información xenética) e cromosomas (estructuras que aparecen no momento da reprodución celular e facilita o reparto da información xenética).

Funcións do ADN:
- Duplicación (ocorre no núcleo).
- Transcripción: consiste en pasar de ADN a ARN (ocorre no núcleo).
- Traducción: consiste en traducir as cadeas de ARN para formar proteínas que forman o código xenético (ocorre nos ribosomas).

 


BIOTECNOLOXÍA

A biotecnoloxía consiste na manipulación dos seres vivos para obter algún proveito. Para lograr isto, utilízanse diferentes ferramentas, como son, as enzimas de restricción para cortar o ADN, o ADN cigasa para "pegar" o ADN, e os plásmidos que son fragmentos de ADN circulares das bacterias.

Empréganse diferentes técnicas:

1. Transformación bacteriana

2. PCR (explicado noutra entrada do blog)
3. Transxenia: mellora das características introducindo un xene alleo no ADN.
4. Células nai
5. Clonación

6. Terapia xénica
7. Pegada xenética

 






Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades T.1 Qué é a ciencia?

1. Define os seguintes conceptos:  a) Hipótese:  posible solución a unha pregunta cintífica. b) Mostra:  subconxunto ou parte do universo ou poboación na que se levará a cabo a investigación c) Modelo:  simulación da realidade d) Lei científica:  conxunto de ideas que sempre se cumplen. 2. Fai un esquema do método científico cos pasos correspondentes na súa orde correcta. 1. Observación : atender a un obxecto ou fenómeno para estudalos tal e como se presentan na realidade. 2. Formulación do problema :  ao explicar o observado xorde a necesidade do home de entender a súa contorna polo que antes de empezar debe reunirse toda a información posible relacionada co fenómeno. 3. Hipótese : resposta anticipada a un problema que xorde ao intentar explicar un fenómeno e que se debe comprobar con un experimento. 4. Experimentación : recrear o fenómeno e repetilo as variables que interveñen modifícanse dunha nunha e compróbase como inflúen nel. 5. Rexistro de datos : o...

Resumo T.3 - Orixe e evolución da vida

 3.1. Que é a vida? Os organismos vivos teñen unha composición química moi similar. Hai 90 elementos na natureza e só 20, aproximadamente, forman parte dos organismos vivos. O hidróxeno e o oxíxeno atópanse en forma de auga a maioría das veces. O corpo da maioría dos seres vivos está formado por unha grande porcentaxe de auga. Que os corpos conteñan tanta auga está relacionado con que as primeiras formas de vida se crearon nos medios acuáticos. A auga é unha substancia que ten unhas características singulares que a fan esencial para que exista vida.              Non hai ningunha outra substancia na Terra que poida substituir a auga nas súas propiedades. Pero, non se pode descartar a existencias doutras formas de vida inspirada noutros compostos, noutros lugares do universo. As condicións para considerar un organismo vivo son que realice as tres funcións vitais (nutrición, relación e reproducción). Os seres vivos necesitan materia e enerxía para de...

Actividades tema 5

  1) Dado o ADN de secuencia CATACTGGCTGGTACCAACTGAGC, escribe:  a) A secuencia do ARNm que se obtén.  GUA UGA CCG ACC AUG GUU GAC UCG b) A secuencia da cadea complementaria de ADN.  GTA TGA CC... c) A secuencia de aminoácidos da proteína que codifica.  Val-stop  d) Os anticodons dos ARNt que interveñen na síntese desta proteína.  CAU (anticodón 1) ACU (anticodón 2) e) Por que se dice que o código xenético é universal?  Porque todas as especies teñen o mesmo código xenético. f) Indica cantas copias idénticas deste fragmento de ADN obtemos si son amplificadas pola técnica PCR despois de: 10, 30 e 50 ciclos de replicación 2^10 // 2^30 //  2^50 g) En que son diferentes as moléculas de ADN de dúas persoas distintas?  Na secuencia de nucleótidos. h) Cómo é posible que os organismos humanos teñan mais de 100 tipos celulares si todas as células teñen a mesma información xenética?  Debido á diferenciación celular, dependendo da función da c...