Ir al contenido principal

Actividades película



1. Como describirías a sociedade presentada na película? 

Na película apréciase unha sociedade superficial que xa está programada e na que se discriminan a todas aquelas persoas que teñen algún rasgo no seu organismo que non lles permite ser "perfectos". É dicir, desde o primeiro contacto co mundo, as persoas xa están clasificadas para o que valen e para o que non. 

2. Que lugar crees que ocupan os sentimentos nela? 

En xeral, os sentimentos están bastante ausentes na película; nesa sociedade os sentimentos non teñen ningún peso prácticamente.

3. Hai algún tipo de discriminación? 

Sí, xa o comentei antes. É unha sociedade moi discriminatoria onde te limitan profesionalmente dende o nacemento. Cabe destacar que as persoas que non teñen as características necesarias son denominados "non válidos".

4. Que tipo de concepción é a máis frecuente en Gatacca?

As familias teñen moi introducido na sociedade que se teñan aos fillos de maneira artificial, escollendo as súas características xenéticas previamente. 

5. É realmente Vincent menos válido que outros humanos como Irene ou Gerome? É vencido polos seus obstáculos? 

Realmente, Vincent é igual de válido que os demáis a pesar de que non o categoricen como tal debido ás súas características. O protagonista ama a astronomía e ten moitos coñecementos pero xamais podería optar a unha plaza para viaxar ao espazo sen mentiras, por moito esforzo que realizase (que así foi), ao contrario de Irene e Gerome. 

6. Que avances tecnolóxicos aparecen na película? 

Nesta película as persoas poden escoller cómo queren que sexan os seus fillos, é dicir, teñen métodos para concebir individuos artificialmente como froito do avance tecnolóxico. En xeral, o ámbito da xenética tivo moitos avances (ou eso se ve na película).

7. Que consecuencias positivas e negativas podes ver? 

Como consecuencias positivas teñen que poden nacer persoas sen ningún risco a padecer enfermidades, é dicir, coa saúde plena pero, pola contra, que se poidan concebir persoas sen ese risco pode favorecer a discriminación ás persoas que non foran modificadas xeneticamente e que foran creadas a través do método tradicional.

En conclusión, que a sociedade avance desta maneira é positivo pero que favorezca á discriminación dos non válidos é negativo xa que non teñen as mesmas posibilidades.

8. Que é a eugenesia? Poderiamos falar de eugenesia absoluta en Gattaca?

A eugenesia é aquela disciplina que ten como fin modificar a herdanza xenética das persoas para mellorar unha raza ou a especie humana, aplicando leis biolóxicas e técnicas da xenética avanzadas. 

En Gattaca a eugenesia non é absoluta porque non todos os individuos foron modificados xeneticamente, como é no caso do protagonista.

9. Unha sociedade como a de Gatacca, sen contaminación, sen violencia, sen cancro... Podería considerarse perfecta? Por que? 

Eu creo que non, porque unha sociedade perfecta non discrimina aos individuos que non son "perfectos"; son outros problemas que afectan igual e non poden ser modificados pola ciencia.

10. Que crees pode simbolizar a escaleira de caracol da casa na que conviven Gerome e Vincent? 

O xenoma humano.

11. Cal é a túa opinión acerca da modificación do xenoma?

 Desde o meu punto de vista, non está ben poder escoller as características xenéticas de un ser porque favorece á discriminación, pero por outra banda, para eliminar ou disminuir as enfermidades como o cancro paréceme moi útil.

12. Manipularías o xenoma de alguén próximo a ti para evitar que padecese unha enfermidade? E para elixir o seu sexo? 

Sí, como dixen no anterior exercicio pareceme que a modificación do xenoma nesos casos fai unha boa función xa que todo o que sexa ter a posibilidade que estar sans sempre é benvido. Para elixir o seu sexo eu non o faría.

13. Por que se opoñen os gobernos e a igrexa á manipulación? 

Os gobernos pensan que esta acción non é correcta moralmente falando e por iso se opoñen, no caso das igrexas a oposición sucede porque non entra dentro das súas ideoloxías.

14. Onde crees que está o límite?

Penso que escoller o físico, por exemplo, de un bebé é excesivo e non ten ningún beneficio, por iso creo que non se debería de chegar a ese punto.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades T.1 Qué é a ciencia?

1. Define os seguintes conceptos:  a) Hipótese:  posible solución a unha pregunta cintífica. b) Mostra:  subconxunto ou parte do universo ou poboación na que se levará a cabo a investigación c) Modelo:  simulación da realidade d) Lei científica:  conxunto de ideas que sempre se cumplen. 2. Fai un esquema do método científico cos pasos correspondentes na súa orde correcta. 1. Observación : atender a un obxecto ou fenómeno para estudalos tal e como se presentan na realidade. 2. Formulación do problema :  ao explicar o observado xorde a necesidade do home de entender a súa contorna polo que antes de empezar debe reunirse toda a información posible relacionada co fenómeno. 3. Hipótese : resposta anticipada a un problema que xorde ao intentar explicar un fenómeno e que se debe comprobar con un experimento. 4. Experimentación : recrear o fenómeno e repetilo as variables que interveñen modifícanse dunha nunha e compróbase como inflúen nel. 5. Rexistro de datos : o...

Resumo T.3 - Orixe e evolución da vida

 3.1. Que é a vida? Os organismos vivos teñen unha composición química moi similar. Hai 90 elementos na natureza e só 20, aproximadamente, forman parte dos organismos vivos. O hidróxeno e o oxíxeno atópanse en forma de auga a maioría das veces. O corpo da maioría dos seres vivos está formado por unha grande porcentaxe de auga. Que os corpos conteñan tanta auga está relacionado con que as primeiras formas de vida se crearon nos medios acuáticos. A auga é unha substancia que ten unhas características singulares que a fan esencial para que exista vida.              Non hai ningunha outra substancia na Terra que poida substituir a auga nas súas propiedades. Pero, non se pode descartar a existencias doutras formas de vida inspirada noutros compostos, noutros lugares do universo. As condicións para considerar un organismo vivo son que realice as tres funcións vitais (nutrición, relación e reproducción). Os seres vivos necesitan materia e enerxía para de...

Actividades tema 5

  1) Dado o ADN de secuencia CATACTGGCTGGTACCAACTGAGC, escribe:  a) A secuencia do ARNm que se obtén.  GUA UGA CCG ACC AUG GUU GAC UCG b) A secuencia da cadea complementaria de ADN.  GTA TGA CC... c) A secuencia de aminoácidos da proteína que codifica.  Val-stop  d) Os anticodons dos ARNt que interveñen na síntese desta proteína.  CAU (anticodón 1) ACU (anticodón 2) e) Por que se dice que o código xenético é universal?  Porque todas as especies teñen o mesmo código xenético. f) Indica cantas copias idénticas deste fragmento de ADN obtemos si son amplificadas pola técnica PCR despois de: 10, 30 e 50 ciclos de replicación 2^10 // 2^30 //  2^50 g) En que son diferentes as moléculas de ADN de dúas persoas distintas?  Na secuencia de nucleótidos. h) Cómo é posible que os organismos humanos teñan mais de 100 tipos celulares si todas as células teñen a mesma información xenética?  Debido á diferenciación celular, dependendo da función da c...