Ir al contenido principal

Lupus

QUE É O LUPUS?

 O  lupus é unha enfermidade crónica e autoinmune que pode danar moitos órganos do corpo, como a pel, as articulacións, os riles, o corazón e o cerebro. Que sexa autoinmune quere dicir  que o dano a estes órganos ocorre porque o sistema  inmunolóxico, que combate os xermes, ataca  as propias células do  corpo.

O tratamento médico pode axudar a controlar os síntomas e reducir o risco dun brote de  lupus (cando os síntomas empeoran).

A radiación solar pode ser daniña para pacientes con certas enfermidades  autoinmunes como o  lupus  eritematoso  sistémico (LLES) xa que pode desencadear brotes que se manifesta como cansazo e fatiga  fiebre  sarpullido e dor nas articulacións entre outros e pode afectar gravemente os órganos internos.


CALES SON OS SEUS SÍNTOMAS?

Estes poden variar dunha persoa a outra e son os seguintes:

  • Erupción na cara e no corpo
  • Sensibilidade á luz solar
  • Cansancio extremo ou fatiga
  • Febre
  • Dor nas articulacións
  • Síndrome de Raynaud
  • Dores musculares
  • Pérdida de peso
  • Ganglios linfáticos inflamados
  • Caída do cabelo
  • Anemia
  • Infeccións
  • Inflamación dos revestimentos do corazón, abdomen ou pulmóns
  • Convulsiones u otros problemas neurológicos
  • Problemas renais
A maioría de personas con lupus son mulleres e desde os 20 ata os 50 anos de idade (aproximadamente).


CALES SON OS SEUS TIPOS?
  • Lupus eritematoso sistemático: é o máis frecuente, pode afectar a moitos órganos corporais.
  • Lupus cutáneo: tende afectar á pel soamente e caracterízase por erupcións no coiro cabeludo, pernas e brazos.
  • Lupus inducido por medicamentos: ocorre como reacción a a determinados medicamentos.

CALES SON AS CAUSAS?
  • Algunhas persoas nacen cunha predisposición xenética a ter lupus.
  • Pode desencadealo unha infección ou certos medicamentos.
  • O estróxeno desempeña un papel e por iso as mulleres padéceno con máis frecuencia que os homes.

COMO SE TRATA?

O tratamento para o lupus depende dos órganos involucrados. Non existe unha cura para esta enfermidade, pero o tratamento axuda a controlar os seus síntomas. 


COMO FOI A MIÑA EXPERIENCIA?

Fai cousa de tres ou catro anos comecei a sentirme moi cansada, caíame o pelo, baixei moito de peso, doíanme as articulacións e costabame moito traballo respirar pero ía ás consultas médicas e non sabían o que tiña; despois diagnosticáronme o síndrome de raynaud e comezaron a sairme erupcións na cara en forma de bolboreta, isto foi o que lle dou a pista ao meu reumatólogo para diagnosticarme o lupus eritematoso sistemático.

Despois de este diagnóstico, tratáronme como debian e avisaronme ben de protexerme da radiación ultravioleta. Comecei a mellorar co tratamento pero a día de hoxe a enfermidade segue estando activa. Ainda que siga presente, considero que son unha persoa que sabe levar moi ben esto.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades T.1 Qué é a ciencia?

1. Define os seguintes conceptos:  a) Hipótese:  posible solución a unha pregunta cintífica. b) Mostra:  subconxunto ou parte do universo ou poboación na que se levará a cabo a investigación c) Modelo:  simulación da realidade d) Lei científica:  conxunto de ideas que sempre se cumplen. 2. Fai un esquema do método científico cos pasos correspondentes na súa orde correcta. 1. Observación : atender a un obxecto ou fenómeno para estudalos tal e como se presentan na realidade. 2. Formulación do problema :  ao explicar o observado xorde a necesidade do home de entender a súa contorna polo que antes de empezar debe reunirse toda a información posible relacionada co fenómeno. 3. Hipótese : resposta anticipada a un problema que xorde ao intentar explicar un fenómeno e que se debe comprobar con un experimento. 4. Experimentación : recrear o fenómeno e repetilo as variables que interveñen modifícanse dunha nunha e compróbase como inflúen nel. 5. Rexistro de datos : o...

Resumo T.3 - Orixe e evolución da vida

 3.1. Que é a vida? Os organismos vivos teñen unha composición química moi similar. Hai 90 elementos na natureza e só 20, aproximadamente, forman parte dos organismos vivos. O hidróxeno e o oxíxeno atópanse en forma de auga a maioría das veces. O corpo da maioría dos seres vivos está formado por unha grande porcentaxe de auga. Que os corpos conteñan tanta auga está relacionado con que as primeiras formas de vida se crearon nos medios acuáticos. A auga é unha substancia que ten unhas características singulares que a fan esencial para que exista vida.              Non hai ningunha outra substancia na Terra que poida substituir a auga nas súas propiedades. Pero, non se pode descartar a existencias doutras formas de vida inspirada noutros compostos, noutros lugares do universo. As condicións para considerar un organismo vivo son que realice as tres funcións vitais (nutrición, relación e reproducción). Os seres vivos necesitan materia e enerxía para de...

Actividades tema 5

  1) Dado o ADN de secuencia CATACTGGCTGGTACCAACTGAGC, escribe:  a) A secuencia do ARNm que se obtén.  GUA UGA CCG ACC AUG GUU GAC UCG b) A secuencia da cadea complementaria de ADN.  GTA TGA CC... c) A secuencia de aminoácidos da proteína que codifica.  Val-stop  d) Os anticodons dos ARNt que interveñen na síntese desta proteína.  CAU (anticodón 1) ACU (anticodón 2) e) Por que se dice que o código xenético é universal?  Porque todas as especies teñen o mesmo código xenético. f) Indica cantas copias idénticas deste fragmento de ADN obtemos si son amplificadas pola técnica PCR despois de: 10, 30 e 50 ciclos de replicación 2^10 // 2^30 //  2^50 g) En que son diferentes as moléculas de ADN de dúas persoas distintas?  Na secuencia de nucleótidos. h) Cómo é posible que os organismos humanos teñan mais de 100 tipos celulares si todas as células teñen a mesma información xenética?  Debido á diferenciación celular, dependendo da función da c...