Ir al contenido principal

Crítica á teoría saltacionista

Crítica á Teoría Saltacionista




O problema da orixe da vida é un dos máis importantes e difíciles ao que o ser humano se tivo que enfrontar, e que deu lugar a todo tipo de explicacións relixiosas, mitolóxicas e científicas. Na actualidade existen varias teorías pero ningunha delas é concluinte. 

No pasado as teorías sobre a orixe da vida estaban divididas en dous grupos, as teorías fixistas e as evolucionistas. As teorías fixistas sostiñan que as especies permanecerian invariables ao longo dos tempos desde a súa creación, é dicir, que as especies serían tal e como foron creadas. Pola contra, as teorías evolucionistas sosteñen que as diferentes especies na Terra teñen a súa orixe en outros organismos diferentes que existiron antes e que foron cambiando a través de varias xeracións.

A teoría saltacionista é unha teoría evolucionista que consiste nun gran cambio mutacional que ocorre dunha xeración para a seguinte, que ten o poder de causar a especiación nun só paso. Ao contrario, os gradualistas sosteñen que a evolución das especies ocorre de maneira gradual, e é isto o que está demostrado.



 O gradualismo está apoiado por procesos xeolóxicos; estes procesos xeolóxicos son cambios longos e lentos que se producen ao longo de miles ou mesmo millóns de anos. Cando Charles Darwin comezou a formular a súa teoría da evolución, adoptou esta idea. O rexistro fósil é unha evidencia que apoia esta opinión. Hai moitos fósiles de transición que mostran adaptacións estruturais das especies a medida que se transforman en especies novas. Os defensores do gradualismo din que a escala de tempo xeolóxico axuda a mostrar como as especies cambiaron en diferentes momentos desde que comezou a vida na Terra. En cambio o saltacionismo non ten ningunha proba científica na que apoiarse, o que indica que é un disparate e os cambios nas especies, definitivamente, danse gradualmente.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades T.1 Qué é a ciencia?

1. Define os seguintes conceptos:  a) Hipótese:  posible solución a unha pregunta cintífica. b) Mostra:  subconxunto ou parte do universo ou poboación na que se levará a cabo a investigación c) Modelo:  simulación da realidade d) Lei científica:  conxunto de ideas que sempre se cumplen. 2. Fai un esquema do método científico cos pasos correspondentes na súa orde correcta. 1. Observación : atender a un obxecto ou fenómeno para estudalos tal e como se presentan na realidade. 2. Formulación do problema :  ao explicar o observado xorde a necesidade do home de entender a súa contorna polo que antes de empezar debe reunirse toda a información posible relacionada co fenómeno. 3. Hipótese : resposta anticipada a un problema que xorde ao intentar explicar un fenómeno e que se debe comprobar con un experimento. 4. Experimentación : recrear o fenómeno e repetilo as variables que interveñen modifícanse dunha nunha e compróbase como inflúen nel. 5. Rexistro de datos : o...

Resumo T.3 - Orixe e evolución da vida

 3.1. Que é a vida? Os organismos vivos teñen unha composición química moi similar. Hai 90 elementos na natureza e só 20, aproximadamente, forman parte dos organismos vivos. O hidróxeno e o oxíxeno atópanse en forma de auga a maioría das veces. O corpo da maioría dos seres vivos está formado por unha grande porcentaxe de auga. Que os corpos conteñan tanta auga está relacionado con que as primeiras formas de vida se crearon nos medios acuáticos. A auga é unha substancia que ten unhas características singulares que a fan esencial para que exista vida.              Non hai ningunha outra substancia na Terra que poida substituir a auga nas súas propiedades. Pero, non se pode descartar a existencias doutras formas de vida inspirada noutros compostos, noutros lugares do universo. As condicións para considerar un organismo vivo son que realice as tres funcións vitais (nutrición, relación e reproducción). Os seres vivos necesitan materia e enerxía para de...

Actividades tema 5

  1) Dado o ADN de secuencia CATACTGGCTGGTACCAACTGAGC, escribe:  a) A secuencia do ARNm que se obtén.  GUA UGA CCG ACC AUG GUU GAC UCG b) A secuencia da cadea complementaria de ADN.  GTA TGA CC... c) A secuencia de aminoácidos da proteína que codifica.  Val-stop  d) Os anticodons dos ARNt que interveñen na síntese desta proteína.  CAU (anticodón 1) ACU (anticodón 2) e) Por que se dice que o código xenético é universal?  Porque todas as especies teñen o mesmo código xenético. f) Indica cantas copias idénticas deste fragmento de ADN obtemos si son amplificadas pola técnica PCR despois de: 10, 30 e 50 ciclos de replicación 2^10 // 2^30 //  2^50 g) En que son diferentes as moléculas de ADN de dúas persoas distintas?  Na secuencia de nucleótidos. h) Cómo é posible que os organismos humanos teñan mais de 100 tipos celulares si todas as células teñen a mesma información xenética?  Debido á diferenciación celular, dependendo da función da c...