Ir al contenido principal

Actividades T.4

 1) Resume nun decálogo os hábitos saudables que se mencionan nos apuntes de clase. 

  1. Levar unha dieta equilibrada, o que implica consumir alimentos baixos en graxas, azucres, colesterol e sal pero ricos en fibra e con vitaminas. Sen esquecernos de que sexan distrubuidos corretamente e inxeridos de maneira pausada. Beber moita auga tamén é moi importante.
  2. Realizar exercicio físico e intelectual.
  3. Evitar o consumo de drogas.
  4. Boa hixiene para evitar enfermidades infecciosas dos aparellos dixestivo, respiratorio e urinario.
  5. Evitar o riesgo ás infeccións e á tensión.
  6. Controlar habitual de saúde.
  7. Evitar situacións de risco de lesión medular ou cerebral e usar protección en caso de exporse.
  8. Reducir as situacións de tensión no traballo ou na familia.
  9. Manter unha escrupulosa hixiene íntima.
  10.  Levar unha vida ordenada, cas horas de descanso suficientes.

2) Explica moi brevemente en que consisten as seguintes especialidades cirúrxicas: 

a) Cirurxía plástica: especialidade cirúrxica que se ocupa de remodelar o aspecto físico do corpo humano. 

b) Neurocirurxía: especialidade médica que se ocupa das enfermidades que afectan ao sistema nervioso que poden requirir dalgunha cirurxía nalgún momento. 

c) Cirurxía pediátrica: especialidade cirúrxica que trata as enfermidades infantís que poden necesitar algunha operación nun momento dado.

d) Cirurxía intrauterina: operación cirúrxica que se ocupa do feto mentres que aínda está dentro do útero da súa nai.

e) Colonoscopia: exame para ver o interior do colon e o recto.

f) Cirurxía maxilofacial: especialidade médico-cirúrxica que se centra nas enfermidades conxénitas ou adquiridas da cavidade oral, o esqueleto facial e as estruturas cervicais relacionadas.

g) Cirurxía vascular:  especialidade cirúrxica que se ocupa das patoloxías vasculares (sen incluir o corazón e as arterias intracraneales).

h) Gastroscopia: exploración que deixa ver directamente a parte alta do tubo dixestivo.


5) Na gráfica está representada a resposta inmune primaria (primeira exposición ao antíxeno) fronte á secundaria (segunda ou sucesivas exposicións ao mesmo antíxeno).


a) Que é un antíxeno?

Sustancia que provoca ou estimula a formación de anticorpos cando está introducida no organismo.

b) Sinala as diferenzas entre as dúas respostas.

Na segunda exposición hai unha resposta inmediata e a cantidade de anticorpos específicos contra ese antíxeno é moi alta.

c) En que consiste a memoria inmunolóxica?

É a capacidade do sistema inmunitario de recoñecer de maneira rápida e específica un antíxeno que o corpo encontrou previamente e iniciar a correspondente resposta inmunolóxica.

d) Por que son necesarias as vacinas de recordo? 

Serve para reforzar, cunha dose sola os valores dos anticorpos tenden a disminuir ata cantidades indetectables.

e) A partir desta gráfica, explica a base científica da vacinación.

A función das vacinas é enganar ao sistema inmunolóxico, faille pensar que está sendo atacado por un axente infeccioso e obrígalle a defenderse xerando anticorpos contra el e adquirindo unha memoria inmunitaria para recoñecer ese organismo concreto e eliminalo.

f) Na actualidade, algúns pais (asesorados por movementos antivacinas) non vacinan aos seus fillos por temor aos efectos secundarios da súa administración, o que fixo que aparezan de novo casos de enfermidades graves case erradicadas. Argumenta se é responsable esta actitude.

Na miña opinión, non é unha actitude responsable porque as vacinas son a mellor maneira de protexerse dunha enfermidade e eliminala. Ademáis estas persoas non se dan conta de que están actuando de maneira egoista porque non só se poñen a eles mesmos en perigo, tamén poñen aos demais.

g) Razoa se esta resposta inmune é específica.

Sí, porque cada vacina é válida fronte a un determinado patóxeno.


9) Relaciona en cada caso os elementos das dúas columnas: 

a) Enfermidade e método diagnóstico 

i) Cancro de mama - anatomía patolóxica (f)

ii) Arritmia cardíaca - electrocardiografía (d)

iii) Úlcera de estómago - gastrocopia (e)

iv) Fractura de radio - radiografía (c)

v) Hernia discal - resonancia magnética (a)

vi) Diabetes mellitus - análise de ouriños (b)


b) Enfermidade e tratamento 

1- Cancro de laringe - radioterapia (f)

2- Artrose - antiinflamatorios (e)

3- Infección bucal - antibióticos (a)

4- Neuralgia - analxésicos (c)

5- Infección por VIH - antirretrovirais (d)

6- Fallo cardíaco irreversible - transplante (b)

 

c) Indica cales das técnicas seguintes corresponden ao diagnóstico e cales ao tratamento da enfermidade: artroscopia, amniocentesis, cirurxía vascular, inmunoterapia, endoscopia, análise anatomopatológico, administración de antirretrovirais, auscultación, cateterismo, amniocentesis, radiografía, ecografía, uso de antibióticos, biopsia. 

- Diagnóstico: amniocentresis, endoscopia, análise anatomopatológico, auscultación, radiografía, ecografía e biopsia.

- Tratamento da enfermidade: artroscopia, cirurxía vascular, inmunoterapia, administración de antirretrovirais, cateterismo e uso de antibióticos.


d) Indica unha soa proba diagnóstica que un médico pode solicitar no caso de atender a un paciente nas seguintes situacións:

i) Neno que se caeu dun columpio e quéixase dunha dor moi aguda no brazo - radiografía

ii) Home de 59 anos, cuxas probas de PSA e tacto rectal suxiren un posible cancro de próstata - resonancia

iii) Adolescente cansa, moi pálida e con menstruaciones moi abundantes - análise de sangue

iv) Mozo de 24 anos que, tras un accidente de tráfico, sofre un traumatismo cranioencefálico - TAC

v) Muller de 58 anos que sufriu unha hemorraxia rectal, con antecedentes familiares de cancro de colon - colonscopia


e) Por que se utiliza a ecografía para explorar a mulleres embarazadas, a pesar da baixa calidade das imaxes?

Porque en caso de que se fixese unha radiografía, por exemplo, podría sufrir danos o feto; é dicir, utilízase a ecografía para a proteción deste.


10) Non calquera antibiótico é útil para eliminar a calquera tipo de bacteria. Para cerciorarse de cal é o antibiótico máis adecuada en cada caso realízase un antibiograma. Esta consiste en sementar a bacteria nunha placa de cultivo e colocar sobre o cultivo discos de papel de filtro impregnados con diferentes antibióticos. Así se pode determinar cal deles é máis eficaz. 


a) Razoa que antibiótico é o máis adecuado para o tratamento desta infección. 

É máis adecuado o A4 porque limita o crecemento das bacterias dunha maneira mellor que os outros antibióticos, podemos velo porque a zona que está gris indica que non hai crecemento.

b) Deduce o que pasaría se o tratamento faise cun antibiótico diferente. 

O resultado sería máis lento ou incluso non funcionaría e a infección permanecería.

c) Que efecto produciría un antibiótico se a enfermidade non estivese ocasionada por unha bacteria?

Ningún, porque os antibióticos só serven para tratar as infeccións causadas por bacterias (como o seu nome indica). 

d) Como se poden evitar as resistencias aos antibióticos? 

Administrándoos como a pauta indica.


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades T.1 Qué é a ciencia?

1. Define os seguintes conceptos:  a) Hipótese:  posible solución a unha pregunta cintífica. b) Mostra:  subconxunto ou parte do universo ou poboación na que se levará a cabo a investigación c) Modelo:  simulación da realidade d) Lei científica:  conxunto de ideas que sempre se cumplen. 2. Fai un esquema do método científico cos pasos correspondentes na súa orde correcta. 1. Observación : atender a un obxecto ou fenómeno para estudalos tal e como se presentan na realidade. 2. Formulación do problema :  ao explicar o observado xorde a necesidade do home de entender a súa contorna polo que antes de empezar debe reunirse toda a información posible relacionada co fenómeno. 3. Hipótese : resposta anticipada a un problema que xorde ao intentar explicar un fenómeno e que se debe comprobar con un experimento. 4. Experimentación : recrear o fenómeno e repetilo as variables que interveñen modifícanse dunha nunha e compróbase como inflúen nel. 5. Rexistro de datos : o...

Resumo T.3 - Orixe e evolución da vida

 3.1. Que é a vida? Os organismos vivos teñen unha composición química moi similar. Hai 90 elementos na natureza e só 20, aproximadamente, forman parte dos organismos vivos. O hidróxeno e o oxíxeno atópanse en forma de auga a maioría das veces. O corpo da maioría dos seres vivos está formado por unha grande porcentaxe de auga. Que os corpos conteñan tanta auga está relacionado con que as primeiras formas de vida se crearon nos medios acuáticos. A auga é unha substancia que ten unhas características singulares que a fan esencial para que exista vida.              Non hai ningunha outra substancia na Terra que poida substituir a auga nas súas propiedades. Pero, non se pode descartar a existencias doutras formas de vida inspirada noutros compostos, noutros lugares do universo. As condicións para considerar un organismo vivo son que realice as tres funcións vitais (nutrición, relación e reproducción). Os seres vivos necesitan materia e enerxía para de...

Actividades tema 5

  1) Dado o ADN de secuencia CATACTGGCTGGTACCAACTGAGC, escribe:  a) A secuencia do ARNm que se obtén.  GUA UGA CCG ACC AUG GUU GAC UCG b) A secuencia da cadea complementaria de ADN.  GTA TGA CC... c) A secuencia de aminoácidos da proteína que codifica.  Val-stop  d) Os anticodons dos ARNt que interveñen na síntese desta proteína.  CAU (anticodón 1) ACU (anticodón 2) e) Por que se dice que o código xenético é universal?  Porque todas as especies teñen o mesmo código xenético. f) Indica cantas copias idénticas deste fragmento de ADN obtemos si son amplificadas pola técnica PCR despois de: 10, 30 e 50 ciclos de replicación 2^10 // 2^30 //  2^50 g) En que son diferentes as moléculas de ADN de dúas persoas distintas?  Na secuencia de nucleótidos. h) Cómo é posible que os organismos humanos teñan mais de 100 tipos celulares si todas as células teñen a mesma información xenética?  Debido á diferenciación celular, dependendo da función da c...