Ir al contenido principal

Actividades T.3

  1. Que teoría quería demostrar experimentalmente Stanley Miller? 

• Que a teoría da xeración espontánea é válida. 

• Que a teoría da xeración espontánea NON é válida. 

• Que a teoría de Oparín e Haldane era correcta. 

• Que a teoría creacionista era correcta. 


2. No seu experimento de Stanley Miller utilizou gases como o metano o amoníaco e o hidróxeno para…: 

• Simular descargas eléctricas. 

• Non utilizou gases, semon líquidos 

• Para simular a atmosfera actual. 

• Para simular a atmosfera primitiva. 


3. No lamarckismo una das seguintes afirmacións NON é correcta: 

• As especies non son inmutables 

• As especies cambian debido a fenómenos catastróficos. 

• A función crea o órgano. 

• Os órganos ou caracteres adquiridos durante a vida hérdanse. 


4. A gran variabilidade entre os individuos dunha mesma poboación: 

• Dificulta loita pola supervivencia. 

• É o resultado da evolución. 

• É o que permite que actúe a selección natural. 

• É o resultado do uso ou desuso dos órganos. 


5. Cando aparecen resistencias aos antibióticos en bacterias é debido: 

• A que as bacterias adáptanse ao medio. 

• A aparición de mutacións. 

• A que a función crea o órgano 

• A que a selección natural non sempre actúa. 


6. Un dos seguintes NON é axente principal do neodarwinismo: 

• A selección natural 

• A variabilidade xenética 

• A unidade evolutiva é o individuo. 

• A evolución prodúcese gradualmente. 


7. Na teoría neutralista o nome fai referencia a que: 

• O azar non intervén na evolución. 

• A maioría das mutacións non interveñen na selección natural. 

• Que a evolución é gradual. 

• Que a evolución non é gradual, senon a saltos. 


8. Na teoría do equlibrio puntuado o nome fai referencia a que: 

• O azar non intervén na evolución. 

• A maioría das mutacións non interveñen na selección natural. 

• Que a evolución é gradual.

• Que a evolución non é gradual, senon a saltos. 


9. Os órganos que teñen una estrutura interna semellante pero están adptados a realizar función diferentes se denominan: 

• Análogos 

• Homólogos 

• Homólogos ou análogos. 

• Vestixiais. 


10. Cal é a secuencia temporal correcta: 

• Homo habilis → Homo erectus → Autralopithecus afarensis → Homo antecessor 

• Homo habilis → Homo antecessor → Homo erectus → Autralopithecus afarensis 

• Autralopithecus afarensis → Homo habilis → Homo erectus → Homo antecessor 

• Autralopithecus afarensis → Homo antecessor → Homo erectus → Homo habilis 


11. Nunha especie de caracois terrestres hai dúas variedades, unha coa cucha de cor clara e outra coa cuncha listada de bandas escuras. Explica como pode influír este carácter na probabilidade de supervivencia de cada variedade e que papel xoga a selección natural. 

A cor da cuncha inflúe na capacidade de camuflaxe. Polo tanto dependendo do medio no que viva será mellor unha cor ou a outra.


12. Razoa cun “Sí” ou un “Non” en función de se consideras correctas ou incorrectas as seguintes frases: 

• As migracións e as mutacións considéranse forzas evolutivas.  Si, porque as dúas supoñen cambios xenéticos.

• É máis frecuente que se dea a macroevolución que a microevolución. Non, xa uqe normalmente danse pequenos cambios.

• A especiación son os pequenos cambios que orixinan novas especies. Non, os cambios teñen que ser grandes para orixinar unha nova especie.

• Os caracteres cos que nace un individuo permanecen inalterables ata a súa morte. Non, xa que podes alteralos, por exemplo a musculatura.


13. Busca información en Internet sobre a importancia do bipedismo na evolución humana e responde as seguintes preguntas:. 

• O bipedismo xurdiu na sabana africana; estás de acordo con esta afirmación?. Xustifica a resposta: 

Si, xa que debido aos campos de altos cereais os hominidos tiñan que poñerse de pé para non estar tan desprotexidos e poder ver máis ao seu redor, o bipedismo tamén lles permitiu liberar as mans.

b) Observando o mapa de dispersión do Homo sapiens por todo o mundo, indica en que continente o ser humano con maior probabilidade presentará unha maior diversidade xenética 

En África xa que ao ser o continente de orixe é o lugar onde máis individuos están ao pricipio.


14. Razoa se as seguintes frases relacionadas con teorías sobre a orixe da vida son verdadeiras (V) ou falsas (F): 

• Pasteur demostrou a orixe das células a partir de moléculas orgánicas. Falsa, Pasteur demostrou a falsidade da xeración espontánea.

• O experimento de Miller demostrou a falsidade da xeración espontánea. Falsa, que as moléculas orgánicas necesarias para a vida podían formarse a partir de componentes inógarnicos.

• Oparin propuxo a formación de moléculas orgánicas a partir dos gases atmosféricos. Verdadeira


15. Explica que é a teoría dos caracteres adquiridos: 

Para este teoría debe haber variabilidade e recursos escasos, tamén defende que a función crea o órgano, os caracteres adquiridos son herdados polos fillos, grazas a estes caracteres a especie vai evolucionando pouco a pouco.


16. Razoa en función de se consideras correctas ou incorrectas as seguintes frases: 

• A evolución humana é un proceso lineal. non, para representar a evolución humana facemos unha árbore filoxenética 

• O xénero Homo pertence á orde dos primates. correcto. 

• Os australopitecos considéranse prehomínidos porque non eran bípedos. non, os australopitecos son prehomínidos porque non son xénero homo, pero si que eran bípedos. 

• Mentres que Homo ergaster se localiza en África, Homo erectus dispersouse máis alá. si, aparece en África, Europa e Asia.


17. O deseño intelixente é presentado aos seus seguidores como unha alternativa ao neodarwinismo. Marca a única frase certa sobre as teorías da orixe da vida: 

• Os coacervados son agrupacións moleculares precursoras das células actuais. Correcta

• Aristóteles refutou a teoría da xeración espontánea, baseada na intervención divina. Falso, Aristóteles afirmou a teorIa da xeración espontánea 

• A teoría da panspermia di que a unión de moléculas orgánicas ocorreu en zonas arxilosas. Falso, 

• Redi demostrou que son os microorganismos do aire os que descompoñen os mediosde cultivo. Falso, negou a teoría da xeración espontánea.


18. O deseño intelixentre non formula hipóteses contrastables, nin cumpre os requisitos do método científico polo que és considerado unha pseudociencia. Analiza o experimento de Miller e contesta: 

• Que teoría quería demostrar experimentalmente Stanley Miller? A teoría de oparin da sopa primitiva.

• Que medio utilizou para simular o océano primitivo? Auga de mar nunha botella.

• Que gases utilizou para reproducir a atmosfera primitiva? Hidróxeno, metamo e CO2 

• Como simulaba os raios producidos na atmosfera? Con descargas eléctricas.

• Que moléculas se formaron neste experimento? Moleculas orgánicas, por exemplo aminoacidos.


19. Os creacionistas negan especialmente a evolución humana, realizando unhainterpretación literal da Biblia. Marca das seguintes frases a única correcta: 

• O descubrimento de fósiles axudou a reforzar a idea do fixismo. Non, vai en contra do fixismo. 

• Carl von Linneo foi un botánico que propuxo a teoría do catastrofismo. Falsa, o catastrofismo foi inventado por George Cuvier.

• George Leclerc expuxo a primeira teoría naturalista na que se basearían Darwin e Lamarck. Correcto.

• A diversidade biolóxica é o resultado das creacións producidas despois de cada extinción. Falsa, a diversidade bioloxica é o resultado das mutacións.


20. LUCA intenta explicar a diversidade actual de familias, xéneros e especies, mentres que as novas teorías evolucionistas tratan de explicar a variabilidade intraespecie. Que diferenza hai entre as teorías do neodarwinismo e o equilibrio puntuado ou saltacionismo? 

O neodarwinismo di que a evolucion é gradual, vai cambiando pouco a pouco, no saltacionismo dise que a evolucion vai a saltos.


21. Actualmente só se pode especular sobre as características que puido ter LUCA; así mesmo, no pasado, sen o coñecemento en bioloxía molecular actual era moito máis difícil coñecer a filoxenética das especies. Marca a única frase correcta: 

• Segundo o darwinismo os caracteres adquiridos durante a vida hérdanse. Falso, segundo o lamarckismo.

• A teoría de evolución postula que a maior illamento xeográfico maior cambio evolutivo. Verdadeira.  

• Os órganos análogos son aqueles cunha estrutura semellante, pero con funcións diferentes. Falso, teñen unha estrutura diferente pero funcións semellantes.

• A maior diferenza na secuencia de nucleótidos de ADN entre especies, maior é o parentesco. Falso, menor é o parentesco. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades T.1 Qué é a ciencia?

1. Define os seguintes conceptos:  a) Hipótese:  posible solución a unha pregunta cintífica. b) Mostra:  subconxunto ou parte do universo ou poboación na que se levará a cabo a investigación c) Modelo:  simulación da realidade d) Lei científica:  conxunto de ideas que sempre se cumplen. 2. Fai un esquema do método científico cos pasos correspondentes na súa orde correcta. 1. Observación : atender a un obxecto ou fenómeno para estudalos tal e como se presentan na realidade. 2. Formulación do problema :  ao explicar o observado xorde a necesidade do home de entender a súa contorna polo que antes de empezar debe reunirse toda a información posible relacionada co fenómeno. 3. Hipótese : resposta anticipada a un problema que xorde ao intentar explicar un fenómeno e que se debe comprobar con un experimento. 4. Experimentación : recrear o fenómeno e repetilo as variables que interveñen modifícanse dunha nunha e compróbase como inflúen nel. 5. Rexistro de datos : o...

Resumo T.3 - Orixe e evolución da vida

 3.1. Que é a vida? Os organismos vivos teñen unha composición química moi similar. Hai 90 elementos na natureza e só 20, aproximadamente, forman parte dos organismos vivos. O hidróxeno e o oxíxeno atópanse en forma de auga a maioría das veces. O corpo da maioría dos seres vivos está formado por unha grande porcentaxe de auga. Que os corpos conteñan tanta auga está relacionado con que as primeiras formas de vida se crearon nos medios acuáticos. A auga é unha substancia que ten unhas características singulares que a fan esencial para que exista vida.              Non hai ningunha outra substancia na Terra que poida substituir a auga nas súas propiedades. Pero, non se pode descartar a existencias doutras formas de vida inspirada noutros compostos, noutros lugares do universo. As condicións para considerar un organismo vivo son que realice as tres funcións vitais (nutrición, relación e reproducción). Os seres vivos necesitan materia e enerxía para de...

Actividades tema 5

  1) Dado o ADN de secuencia CATACTGGCTGGTACCAACTGAGC, escribe:  a) A secuencia do ARNm que se obtén.  GUA UGA CCG ACC AUG GUU GAC UCG b) A secuencia da cadea complementaria de ADN.  GTA TGA CC... c) A secuencia de aminoácidos da proteína que codifica.  Val-stop  d) Os anticodons dos ARNt que interveñen na síntese desta proteína.  CAU (anticodón 1) ACU (anticodón 2) e) Por que se dice que o código xenético é universal?  Porque todas as especies teñen o mesmo código xenético. f) Indica cantas copias idénticas deste fragmento de ADN obtemos si son amplificadas pola técnica PCR despois de: 10, 30 e 50 ciclos de replicación 2^10 // 2^30 //  2^50 g) En que son diferentes as moléculas de ADN de dúas persoas distintas?  Na secuencia de nucleótidos. h) Cómo é posible que os organismos humanos teñan mais de 100 tipos celulares si todas as células teñen a mesma información xenética?  Debido á diferenciación celular, dependendo da función da c...