Ir al contenido principal

Actividades T.2- A Terra, planeta vivo

 1) Define:
 
a) Placa tectónica: porción de litosfera limitada por zonas de converxencia e/ou zonas de subdución.
 
b) Escala Richter: escala que asigna un número para cuantificar a enerxía liberada por un terremoto.
 
c) Ciclo de Wilson: agregación e dispersión case periódica da codia continental da Terra.
 
d) Panxea: supercontinente rodeado polo mar Pantalasa, que existiu durante o período mesozoico, antes de que o proceso de placas tectónicas separase os continentes.

2) Que tipos de bordes aparecen nas placas tectónicas?. Comenta brevemente que fenómenos teñen lugar en cada tipo de borde. 

Nas placas tectónicas existen bordes constructivos, nos cales aparecen dorsais oceánicas (zona onde se separan dúas placas) onde se crea litosfera pola expulsión de magma na dorsal; bordes destructivos, nos cales aparecen zonas de subdución (lugar onde dúas placas chocan e unha delas se desliza por debaixo da outra) e tamén onde se destrúe litosfera e, por último; bordes neutros, nos que se forman fallas transformantes (desgarres do terreo nos que as placas se deslizan unha con respecto a outra), aquí non se crea nin se destrúe litosfera.

3) Como é a estrutura do planeta Terra? Que características ten cada capa da Terra?.

O interior da Terra é unha enorme estrutura rochosa dividida en capas concéntricas separadas por descontinuidades. Estas descontinuidades separan capas con diferente composición ou distinto estado físico. Estas capas son:
  • Cortiza: capa máis externa; é sólida e está formada, maioritariamente, por silicatos de aluminio. Pode ser continental (máis grosa) ou oceánica (máis fina e máis recente).
  • Manto: formado por silicatos de magnesio e de ferro. A súa temperatura e presión van aumentando cara ao interior e as rocas atópanse fundidas. A parte superior do manto é sólida e a capa que forma xunto coa cortiza denomínase litosfera. 
  • Núcleo: capa máis interna e está formada por ferro e niquel. Divídese en núcleo externo (líquido) e núcleo interno (sólido).


4) Como explicarías que se encontraran fósiles de animais moi parecidos en Sudamérica e en Australia?

Isto débese a que hai moitos anos só existia un único continente denominado Panxea que estaba formado por sete placas litosféricas que están en continuo movemento; polo tanto, na época de Panxea, Sudamérica e Australia estaban unidas e por iso existen fósiles de especies semellantes neses dous lugares.

5) Cales son as probas da deriva continental proposta por Wegener que confirma a Tectónica de Placas?

Existen probas xeográficas, as formas das costas dos continentes encaixaban entre sí; xeolóxicasalgunhas formacións xeolóxicas continuaban a ambos os dous lados do Atlántico; paleontolóxicas, atopábanse fósiles das mesmas especies en continentes separados, e paleoclimáticas, ao observar probas do glaciarismo no Carbonífero atopáronse ubicacións e fluxos glaciais que non tiñan sentido na actualidade.

6) Que afirma a teoría da expansión do fondo oceánico? 

Esta teoría di que pola dorsal oceánica, a través de movementos convectivos sobe o magma e deposítase a ambos os dous lados da dorsal. Con este proceso fórmase unha cortiza oceánica que logo se destruirá ao subducir por unha cortiza continental.
7) Que son e que acontece nos límites diverxentes?

Un borde diverxente é o límite entre dúas placas litosféricas contiguas que se separan. Conforme as placas diverxen, novo material ascende mediante procesos magmáticos desde o manto terrestre, creándose nova litosfera.

8) Que son e que acontece nos límites converxentes?

Un borde converxente é o bordo de choque entre dúas placas tectónicas; e cando unha destas placas se afunde debaixo da outra consumíndose no manto, fálase de subdución.

9) Que factores inflúen sobre a velocidade dunha colada de lavas? 
  • A forza coa que sae do volcán. 
  • A viscosidade da lava.
  • A inclinación do terreo polo que circula a lava.

10) Cales son as sinais que nos avisan da inminente erupción dun volcán?
  • A actividade sísmica.
  • A expulsión de gases.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades T.1 Qué é a ciencia?

1. Define os seguintes conceptos:  a) Hipótese:  posible solución a unha pregunta cintífica. b) Mostra:  subconxunto ou parte do universo ou poboación na que se levará a cabo a investigación c) Modelo:  simulación da realidade d) Lei científica:  conxunto de ideas que sempre se cumplen. 2. Fai un esquema do método científico cos pasos correspondentes na súa orde correcta. 1. Observación : atender a un obxecto ou fenómeno para estudalos tal e como se presentan na realidade. 2. Formulación do problema :  ao explicar o observado xorde a necesidade do home de entender a súa contorna polo que antes de empezar debe reunirse toda a información posible relacionada co fenómeno. 3. Hipótese : resposta anticipada a un problema que xorde ao intentar explicar un fenómeno e que se debe comprobar con un experimento. 4. Experimentación : recrear o fenómeno e repetilo as variables que interveñen modifícanse dunha nunha e compróbase como inflúen nel. 5. Rexistro de datos : o...

Resumo T.3 - Orixe e evolución da vida

 3.1. Que é a vida? Os organismos vivos teñen unha composición química moi similar. Hai 90 elementos na natureza e só 20, aproximadamente, forman parte dos organismos vivos. O hidróxeno e o oxíxeno atópanse en forma de auga a maioría das veces. O corpo da maioría dos seres vivos está formado por unha grande porcentaxe de auga. Que os corpos conteñan tanta auga está relacionado con que as primeiras formas de vida se crearon nos medios acuáticos. A auga é unha substancia que ten unhas características singulares que a fan esencial para que exista vida.              Non hai ningunha outra substancia na Terra que poida substituir a auga nas súas propiedades. Pero, non se pode descartar a existencias doutras formas de vida inspirada noutros compostos, noutros lugares do universo. As condicións para considerar un organismo vivo son que realice as tres funcións vitais (nutrición, relación e reproducción). Os seres vivos necesitan materia e enerxía para de...

Actividades tema 5

  1) Dado o ADN de secuencia CATACTGGCTGGTACCAACTGAGC, escribe:  a) A secuencia do ARNm que se obtén.  GUA UGA CCG ACC AUG GUU GAC UCG b) A secuencia da cadea complementaria de ADN.  GTA TGA CC... c) A secuencia de aminoácidos da proteína que codifica.  Val-stop  d) Os anticodons dos ARNt que interveñen na síntese desta proteína.  CAU (anticodón 1) ACU (anticodón 2) e) Por que se dice que o código xenético é universal?  Porque todas as especies teñen o mesmo código xenético. f) Indica cantas copias idénticas deste fragmento de ADN obtemos si son amplificadas pola técnica PCR despois de: 10, 30 e 50 ciclos de replicación 2^10 // 2^30 //  2^50 g) En que son diferentes as moléculas de ADN de dúas persoas distintas?  Na secuencia de nucleótidos. h) Cómo é posible que os organismos humanos teñan mais de 100 tipos celulares si todas as células teñen a mesma información xenética?  Debido á diferenciación celular, dependendo da función da c...