Ir al contenido principal

Resumo T.2- A formación da Terra

HISTORIA DAS CIENCIAS XEOLÓXICAS

As primeiras teorías que no s. XVIII explicaron a orixe das rocas e os cambios xeolóxicos foron influídas polo diluvio universal:

  • Neptunismo (Abraham Werner): todas as rocas son formadas por sedimentación a partir dos primitivos, menos as volcánicas.

  • Catastrofismo (Georges Cuvier): as formacións xeolóxicas e os fósiles fórmanse por catástrofes súbitas e violentas.

En contraposición a esta influencia blíbica:

  • Plutonismo (James Hutton): sostiña que as rochas se formaban cando o magma que viña do interior da Terra se enfriaba.

  • Uniformismo (Hutton e Lyell): as forzas que actuaron no pasado son as mesmas que actúan hoxe en día.

  • Deriva continental (Alfred Wegener): hipótese que propón Wegener en 1912 para explicar os movemento dos continentes coma se fosen barcos flotando sobre o manto terrestre.



  •  Existen probas xeolóxicas, paleontolóxicas e paleoclimáticas que confirman que os continentes estiveron unidos no pasado.
 
  • Tectónica de placas, teoría global que explica a dinámica interna da Terra e os seus efectos no relevo, foi desenvolvida por distintos autores que achegaron probas sobre as correntes de convección do manto, o relevo do fondo mariño e o descubrimento das dorsais oceánicas, a expansión dos océanos.


                          FORMACIÓN DO SISTEMA SOLAR E A TERRA

A teoría da acreción explica a formación dos planetas a partir do gas e o po cósmico. As partículas van chocando e agregándose, formando estruturas cada vez maiores que dan lugar aos planetas.

A Terra é o maior dos planetas interiores e creóuse como todos os planetas restantes do Sistema Solar, fai aproximadamente 4.6 miles de millóns de anos. A Terra formouse pola colisión e fusión de fragmentos de rocas máis pequenos, dos denominados  planetesimales.



A ESTRUCTUTA INTERNA DA TERRA

Esta estructura só pode coñecerse mediante métodos indirectos, como pode ser o estudo de propagación de ondas sísmicas, xa sexan naturais ou artificiais.
As ondas sísmicas son as que se xeran debido á propagación das vibracións xeradas por un sismo.


Grazas ás ondas sísmicas podemos diferenciar a discontinuidade de Mohorovicic, a de Gutemberg e a de Wiechert-Lehman. 
  

MODELO XEOQUÍMICO

Este modelo mostra o interior da Terra como unha gran estrutura rochosa dividida en capas concéntricas separadas polas descontinuidades que mencionei antes. As capas son:
  • Cortiza (continental ou oceánica)
  • Manto (superior ou inferior)
  • Núcleo (externo e interno)













MOVEMENTO DAS PLACAS

A Litosfera é unha capa formada pola cortiza e a parte superior do manto. Está dividida en sete inmensas placas (e algunhas máis pequenas) que están en continuo movemento, o que explica o movemento dos continentes que Wegener propuxera.
Estas placas móvense debido ás correntes de conveción do manto fundido, grazas á calor xerada desde o núcleo terrestre.




BORDOS DE PLACA

  • Dorsais oceánicas: zonas onde dúas placas se separan. Reciben o nome de bordes constructivos porque se crea corteza oceánica a partir do magma.
  • Zonas de subdución: bordo de placas que chocan e unha se desliza debaixo da outra. Son bordes destructivos porque se destrúe Litosfera.

  • Fallas transformantes: desgarres de terreo en zonas sometidas a forzas opostas. Son bordos neutros que nin fabrican nin destrúen litosfera.

FENÓMENOS XEOLÓXICOS

A tectónica de placas tamén explica todos os fenómenos que están motivados pola calor  interna da Terra (sismos, volcáns...), o motor que move as placas litosféricas. 

SISMOS

Prodúcense nas zonas de subdución, dorsais oceánicas e fallas transformantes. Prodúcense cando as placas chocan ou se separan provocando tensións nas rochas que se liberan de forma brusca rompendo as rochas e provocando sismos. Úsanse dúas escalar para medir a enerxía liberada:
  • Escala Richter, mide a intensidade en base á amplitude das ondas que miden os sismogramas, non ten límite.
  • Escala MSK, mide a intensidade en base aos danos producidos; a intensidade depende da distancia ao epicentro.

VOLCÁNS

Fórmanse cando o magma procedente do manto ascende cara á superficie a través de fisuras na corteza. O magma é unha mestura de materiais rochosos fundidos a 1000ºC,  xunto con rochas sólidas e gases.
Pódense formar:
  • Nos puntos quentes. Unha pluma de magma pode alcanzar a superficie da litosfera, que pode provocar a aparición dunha cadea de volcáns baixo o océano, que poden dar lugar a illas. 
  • Nas dorsais oceánicas. Poden formarse volcáns de fisura polos que emerxe lava moi fluída, de forma lenta, que ao arrefriarse forma a cortiza oceánica. 
  • Nas zonas de subdución. Cando a litosfera oceánica subduce baixo outra placa oceánica, fórmanse volcáns que orixinan arquipélagos en forma de arco ou cando a placa oceánica subduce baixo a placa continental, os volcáns fórmanse en cadeas montañosas.


DERIVA CONTINENTAL E O CICLO DE WILSON

O ciclo de Wilson é unha demostración das etapas que dan lugar á formación de cadeas montañosas e da apertura e peche dos océanos ao longo do tempo. Estas etapas son:
  1. Fragmentación do continente por acción de puntos quentes formándose un rift continental.
  2. Na liña de fragmentación empézase a formar litosfera oceánica que separa os fragmentos continentais.
  3. Os continentes sepáranse progresivamente e entre eles aparece unha conca oceánica ancha cunha dorsal ben desenvolvida. Cando esta conca chega a un determinado tamaño, os bordos de contacto cos fragmentos continentais vólvense fríos e densos e comezan a afundirse debaixo dos continentes creando unha zona de subdución que xera unha cadea montañosa que vai rodeando todo o continente.
  4. Outros bordos constructivos poden empuxar aos fragmentos continentais en sentido contrario, co que a conca oceánica vaise estreitando.
  5. Para rematar, ao desaparecer a conca oceánica as dúas masas continentais chocan e orixínase un continente único, e sobre a sutura que pecha o océano fórmase unha cordilleira.











Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades T.1 Qué é a ciencia?

1. Define os seguintes conceptos:  a) Hipótese:  posible solución a unha pregunta cintífica. b) Mostra:  subconxunto ou parte do universo ou poboación na que se levará a cabo a investigación c) Modelo:  simulación da realidade d) Lei científica:  conxunto de ideas que sempre se cumplen. 2. Fai un esquema do método científico cos pasos correspondentes na súa orde correcta. 1. Observación : atender a un obxecto ou fenómeno para estudalos tal e como se presentan na realidade. 2. Formulación do problema :  ao explicar o observado xorde a necesidade do home de entender a súa contorna polo que antes de empezar debe reunirse toda a información posible relacionada co fenómeno. 3. Hipótese : resposta anticipada a un problema que xorde ao intentar explicar un fenómeno e que se debe comprobar con un experimento. 4. Experimentación : recrear o fenómeno e repetilo as variables que interveñen modifícanse dunha nunha e compróbase como inflúen nel. 5. Rexistro de datos : o...

Resumo T.3 - Orixe e evolución da vida

 3.1. Que é a vida? Os organismos vivos teñen unha composición química moi similar. Hai 90 elementos na natureza e só 20, aproximadamente, forman parte dos organismos vivos. O hidróxeno e o oxíxeno atópanse en forma de auga a maioría das veces. O corpo da maioría dos seres vivos está formado por unha grande porcentaxe de auga. Que os corpos conteñan tanta auga está relacionado con que as primeiras formas de vida se crearon nos medios acuáticos. A auga é unha substancia que ten unhas características singulares que a fan esencial para que exista vida.              Non hai ningunha outra substancia na Terra que poida substituir a auga nas súas propiedades. Pero, non se pode descartar a existencias doutras formas de vida inspirada noutros compostos, noutros lugares do universo. As condicións para considerar un organismo vivo son que realice as tres funcións vitais (nutrición, relación e reproducción). Os seres vivos necesitan materia e enerxía para de...

Actividades tema 5

  1) Dado o ADN de secuencia CATACTGGCTGGTACCAACTGAGC, escribe:  a) A secuencia do ARNm que se obtén.  GUA UGA CCG ACC AUG GUU GAC UCG b) A secuencia da cadea complementaria de ADN.  GTA TGA CC... c) A secuencia de aminoácidos da proteína que codifica.  Val-stop  d) Os anticodons dos ARNt que interveñen na síntese desta proteína.  CAU (anticodón 1) ACU (anticodón 2) e) Por que se dice que o código xenético é universal?  Porque todas as especies teñen o mesmo código xenético. f) Indica cantas copias idénticas deste fragmento de ADN obtemos si son amplificadas pola técnica PCR despois de: 10, 30 e 50 ciclos de replicación 2^10 // 2^30 //  2^50 g) En que son diferentes as moléculas de ADN de dúas persoas distintas?  Na secuencia de nucleótidos. h) Cómo é posible que os organismos humanos teñan mais de 100 tipos celulares si todas as células teñen a mesma información xenética?  Debido á diferenciación celular, dependendo da función da c...