Ir al contenido principal

Resumo T.1- Qué é a ciencia?

 

COÑECEMENTO CIENTÍFICO

A ciencia é un modo de coñecemento. As súas características son as seguintes:

·Usa unha linguaxe precisa e rigurosa.

·Conxunto de enunciados que se ordenan nun sistema.

·Elabórase co método científico.

·Elabóranse coñecementos que teñen que deben ter algún modo de comprobarse.

·É un proceso dinámico e sempre está en revisión.


TIPOS DE CIENCIA

Non todas as ciencias son iguais. Os distintos tipos de ciencias distínguense polo que se estuda, o método que usan, as teorías con que se achegan á investigación e os resultados que se obteñen. As ciencias divídense en:

· Ciencias formais: aquelas que non poden comprobarse experimentalmente na realidade. As matemáticas son un exemplo.

· Ciencias empíricas: nelas, o coñecemento provén de fenómenos observables e capaces de ser avaliados por outros investigadores que traballen baixo as mesmas condicións. Están divididas en:
  
  - Ciencias sociais: estudo do comportamento humano e da sociedade.
 
  - Ciencias naturais: estudo dos fenómenos naturais, incluíndo a vida. A bioloxía ou a química son exemplos de ciencias naturais.


MÉTODO CIENTÍFICO



















1. Observación: atender a un obxecto ou fenómeno para estudalos tal e como se presentan na realidade.
   
   2. Formulación do problema: ao explicar o observado xorde a necesidade do home de entender a súa contorna polo que antes de empezar debe reunirse toda a información posible relacionada co fenómeno.

   3. Hipótese: resposta anticipada a un problema que xorde ao intentar explicar un fenómeno e que se debe comprobar con un experimento.

  4. Experimentación: recrear o fenómeno e repetilo as variables que interveñen modifícanse dunha nunha e compróbase como inflúen nel.

  5. Rexistro de datos: os datos obtidos na experementación débense recoller en táboas e pasar a gráficas, matrices; para poder estudar mellor outros aspectos.
  
  6. Análise e interpretación: representar a composición e relación dos datos a partir da cal se fan argumentacións e se sacan conclusións.

  7. Verificación de hipótese: se as experiencias verifican as hipóteses, as leis son validas.


CIENCIA E PSEUDOCIENCIA

Refírese a unha afirmación, crenza ou práctica que non se basea nun método científico válido, fáltalle o apoio de evidencias científicas.
Caracterízase polo uso de afirmacións esaxeradas de imposible verificación e unha ausencia xeral de procesos sistemáticos para desenvolver teorías de forma racional.









Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades T.1 Qué é a ciencia?

1. Define os seguintes conceptos:  a) Hipótese:  posible solución a unha pregunta cintífica. b) Mostra:  subconxunto ou parte do universo ou poboación na que se levará a cabo a investigación c) Modelo:  simulación da realidade d) Lei científica:  conxunto de ideas que sempre se cumplen. 2. Fai un esquema do método científico cos pasos correspondentes na súa orde correcta. 1. Observación : atender a un obxecto ou fenómeno para estudalos tal e como se presentan na realidade. 2. Formulación do problema :  ao explicar o observado xorde a necesidade do home de entender a súa contorna polo que antes de empezar debe reunirse toda a información posible relacionada co fenómeno. 3. Hipótese : resposta anticipada a un problema que xorde ao intentar explicar un fenómeno e que se debe comprobar con un experimento. 4. Experimentación : recrear o fenómeno e repetilo as variables que interveñen modifícanse dunha nunha e compróbase como inflúen nel. 5. Rexistro de datos : o...

Resumo T.3 - Orixe e evolución da vida

 3.1. Que é a vida? Os organismos vivos teñen unha composición química moi similar. Hai 90 elementos na natureza e só 20, aproximadamente, forman parte dos organismos vivos. O hidróxeno e o oxíxeno atópanse en forma de auga a maioría das veces. O corpo da maioría dos seres vivos está formado por unha grande porcentaxe de auga. Que os corpos conteñan tanta auga está relacionado con que as primeiras formas de vida se crearon nos medios acuáticos. A auga é unha substancia que ten unhas características singulares que a fan esencial para que exista vida.              Non hai ningunha outra substancia na Terra que poida substituir a auga nas súas propiedades. Pero, non se pode descartar a existencias doutras formas de vida inspirada noutros compostos, noutros lugares do universo. As condicións para considerar un organismo vivo son que realice as tres funcións vitais (nutrición, relación e reproducción). Os seres vivos necesitan materia e enerxía para de...

Actividades tema 5

  1) Dado o ADN de secuencia CATACTGGCTGGTACCAACTGAGC, escribe:  a) A secuencia do ARNm que se obtén.  GUA UGA CCG ACC AUG GUU GAC UCG b) A secuencia da cadea complementaria de ADN.  GTA TGA CC... c) A secuencia de aminoácidos da proteína que codifica.  Val-stop  d) Os anticodons dos ARNt que interveñen na síntese desta proteína.  CAU (anticodón 1) ACU (anticodón 2) e) Por que se dice que o código xenético é universal?  Porque todas as especies teñen o mesmo código xenético. f) Indica cantas copias idénticas deste fragmento de ADN obtemos si son amplificadas pola técnica PCR despois de: 10, 30 e 50 ciclos de replicación 2^10 // 2^30 //  2^50 g) En que son diferentes as moléculas de ADN de dúas persoas distintas?  Na secuencia de nucleótidos. h) Cómo é posible que os organismos humanos teñan mais de 100 tipos celulares si todas as células teñen a mesma información xenética?  Debido á diferenciación celular, dependendo da función da c...